Minuto de silencio en Lugo en recorda das vítimas do accidente aéreo en Francia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Minuto de silencio en Lugo

Minuto de silencio en Lugo

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, encabezou o acto no que se gardou un minuto de silencio en recordo ás vitimas do accidente aéreo ocurrido en Francia e que cubria a linea Barcelona-Düsseldorf.

López Orozco enviou o seu pésame aos afectados sinalando que con este acto “queremos expresar a condolencia do Goberno Municipal e do conxunto da Corporación polo triste accidente de onte e expresar a nosa condolencia as familias”.

Ademais tamén solicitou “sempre que sexa posible” o rápido esclarecemento das causas para saber cales foron os motivos do accidente. No acto tamén estiveron membros do tres grupos políticos, membros dos sindicatos municipais e traballadores. O Concello terá as bandeiras a media asta durante os tres de loito oficial.

25 de marzo de 2015 | 18:44 • Sen comentarios

Comentarios pechados.