publicidade hoxe
Publicidade
omeulibro1

Mellora nas aula da escola municipal de música de Xove

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaXove
A-
A+

Esta Escola, ubicada no antigo Colexio de Palmeiro, acaba de ser obxecto de importantes reformas nas súas aulas. A dinámica diaria de funcionamento da Escola, xunto coa intensa actividade da mesma, fixo necesaria a reforma dunha parte importante das aulas da mesma. Básicamente, o que se fixo foi dividir algunhas das aulas co fin de ampliar o número de espazos da Escola. Con isto preténdese aproveitar e rendabilizar máis os espazos existentes, adecuando os distintos espazos ás actividades propias da Escola.

Agora a Escola dispón de dous tipos de espazos, uns máis grandes con aulas destinadas a grupos numerosos para música en movemento, linguaxe musical, coro, orquestra,…, e outros máis pequenos para traballar individualmente ou con pequenos grupos de cámara.

En definitiva, con estas obras preténdese MELLORAR O FUNCIONAMENTO DIARIO DA ESCOLA coa conseguinte MELLORA NA CALIDADE DOS ESTUDIOS MUSICAIS.

Estas obras de adecuación foron realizadas polo personal de obras do propio Concello, contando cun investimento cercano aos 12.000 €uros.

24 de marzo de 2015 | 18:02 • Sen comentarios

Comentarios pechados.