publicidade hoxe

Mellora da seguridade viaria en dúas glorietas das localidades de Cambados e Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambadosPontevedraRibadumia
A-
A+
Cores Tourís en Ribadumia

Cores Tourís en Ribadumia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a executar unha mellora de seguridade viaria en dúas glorietas da VG en Cambados e Ribadumia, actuando sobre unha superficie de 3.000 metros cadrados.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou esta mañá estes traballos acompañados do xefe territorial de Medio Ambiente, José Luis Díez.

A actuación de mellora consiste no reforzo localizado do firme nas dúas glorietas, cun importe de 36.445 euros aos que hai que sumar tamén outros 14.000 euros que permitiron a instalación de balizas nos eixes dos tramos da VG 4.2 e VG 4.3, onde existe unha liña continua para mellora da seguridade viaria. “En concreto, esta fin de semana xa se instalaron esas balizas na VG 4.6 que enlaza Cambados con Vilagarcía e nos próximos días instalarase na VG 4.2 da autovía do Salnés”, explicou Cores Tourís.

Estas obras contarán en total cun orzamento de máis de 80.000 euros, xa que, ao anterior, hai que sumar a substitución da malla de cerramento ao longo de 2 quilómetros nestas mesmas estradas.

Pola súa banda, a alcaldesa da localidade agradeceu a colaboración da Xunta para a execución destes traballos e destacou a importancia da mellora das mesmas con novo balizamento e mallas de cerramento.

30 de marzo de 2015 | 15:26 • Sen comentarios

Comentarios pechados.