Medio centenar de atletas da Ximnástica acudiron á competición do Xogade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesPontevedra
A-
A+
Xogade Vilagarcía

Xogade Vilagarcía

O vento tivo o seu protagonismo na segunda xornada do XOGADE de atletismo en pista, que organiza a Secretaría Xeral de Deporte e que se celebrou nas pistas municipais de Vilagarcía.

Preto de medio centenar de atletas da Escola Municipal de Atletismo da Sociedade Ximnástica, das categorías benxamín e alevín, acudiron á cita en busca dunha marca clasificatoria para o Campionato Provincial, aínda que o prioritario foi ver como van aplicando o apreso nos adestramentos. Destacar os 9 postos de podio con tres vitorias parciais, dúas na categoría benxamín feminina, grazas a Carla Rivas no salto de altura e Pomba Puig no lanzamento de pelota e a terceira foi para Carolina Santos no quilómetro alevín feminino. Carla Rivas sumou ademais un terceiro posto no salto de lonxitude e Carolina Santos engadiu un segundo posto no lanzamento de pelota.

Na categoría benxamín masculina, Jorge Piñeiro foi terceiro na carreira de 50 metros. Daniela Agulla tamén foi terceira nos 50 metros benxamín feminino e por último Helena Suárez conseguiu un brillante segundo posto no salto de altura alevín feminino.

O vindeiro sábado a Escola terá a súa última competición antes das merecidas vacacións de Semana Santa, coa xornada final do Xogatlon. 

BENXAMÍN HOMES

3. Jorge Piñeiro 50m 8.68 

BENXAMÍN MULLERES

1. Carla Rivas Altura 1.03

1. Pomba Puig L.Pelota 14.89

3. Carla Rivas Lonxitude 2.60

3. Daniela Agulla 50m 8.74 

ALEVÍN HOMES

3. Marco Trelles Altura 1.05 

ALEVÍN MULLERES

1. Carolina Santos 1.000m 3.37.06

2. Carolina Santos L.Pelota 16.24

2. Helena Suárez Altura 1.17 

A xornada de lanzamentos de Vila Nova de Cerveira, volveu ser un espectáculo do atletismo.

A localidade portuguesa de Vila Nova de Cerveira, acolleu unha importante xornada de lanzamentos á que acudiron numerosos atletas galegos entre os que se atopaban os atletas da Ximnástica que empezan a preparar a tempada estival.

Aínda que non se conseguiu ningunha marca de clasificación para os Campionatos de España de verán, aínda é pronto, os pontevedreses andaron moi preto. Destacar a reaparición de Juan Barbosa que por uns problemas físicos non competiu a tempada pasada e que nesta ocasión asinou uns esperanzadores 49 metros, na proba de lanzamento de martelo, que lle valeu para gañala.

Pedro Bastos tamén venceu no martelo xuvenil con 47,89 metros e foi segundo no lanzamento de peso xuvenil con 10,47 metros.

En canto ás mozas Claudia Puig con 31,63 metros foi segunda no lanzamento de xavelina xuvenil e María Jiménez tamén foi segunda na xavelina cadete con 24,73. 

1. Juan Barbosa L.Martelo absoluto 49.13

1. Pedro Bastos L.Martelo xuvenil 47.89

2. María Jiménez L.Xavelina Cadete 24.73

2. Claudia Puig L.Xavelina xuvenil 31.63

2. Pedro Bastos L.Peso xuvenil 10.47

24 de marzo de 2015 | 20:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.