publicidade hoxe

Medio Ambiente anuncia o acondicionamento da área recreativa de Verdes en Coristanco

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoristanco
A-
A+

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraetruturas, Ethel Vázquez, anunciou hoxe un proxecto de mellora e acondicionamento da área recreativa de Verdes, en Coristanco, co obxectivo de reforzar o seu atractivo e protexela fronte ás enchentes. A titular de Territorio visitou hoxe este espazo natural a beira do río Anllóns, no que a Xunta investirá case 60.000 euros para acometer unha actuación que estará rematada no verán.

Ethel Vázquez sinalou que esta iniciativa pon de manifesto o compromiso da Xunta coa conservación dos ecosistemas fluviais e a mellora do seu contorno para un maior desfrute por parte de todos os cidadáns.

Trátase dun espazo natural de grande interese e de extraordinaria beleza natural e paisaxística que é moi visitado, tanto por turistas como por afeccionados á pesca fluvial: estímase que preto de 2.500 pescadores se achegan aquí ao longo de cada tempada.

A responsable de Territorio explicou que as continuas enchentes do río durante a época invernal, xunto coa elevada humidade existente na zona, fai precisa unha actuación de acondicionamento e mellora deste enclave que contribúa á súa posta en valor.

O proxecto recolle a limpeza do leito do río, coa retirada manual das ramas caídas; a reparación da cuberta e as paredes do refuxio de pescadores; a substitución dos pontóns de madeira en mal estado; e a renovación e reparación do mobiliario.

Vázquez concretou que estes traballos, que se iniciarán o vindeiro mes de abril e estarán rematados en verán.

23 de marzo de 2015 | 19:15 • Sen comentarios

Comentarios pechados.