Medio Ambiente acondiciona as marxes da estrada Guillarei – A Rañada en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaPontevedraTui
A-
A+

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a acondicionar as marxes da estrada autonómica PO-404 (Guillarei – A Rañada), no Concello de Tui, pavimentando a banda de aparcadoiro. Os traballos foron supervisados no día de hoxe polo director da Axencia Galega de Infraestruturas, Francisco Menéndez, que visitou a zona xunto co delegado territorial da Xunta de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís.

A actuación ten por obxecto mellorar o estado dos marxes da estrada entre os puntos quilométricos 1+200 (en Guillarei) e 5+850, en Baños de Caldas. Neste vial executáronse en 2009 beirarrúas separadas da calzada por unha banda de terreo que ven sendo utilizada coma zona de aparcadoiro.

A banda de aparcadoiro conta unicamente cun pavimento de zahorra no que con frecuencia crece maleza e se forman fochas. Para solucionar estes problemas o departamento de Infraestruturas iniciou a semana pasada o acondicionamento desta superficie.

As obras consisten no fresado da zahorra existente nos sobreanchos (que suman unha superficie superior aos 1.200 m2), e a posterior extensión dunha capa de mestura bituminosa en quente cun espesor medio de 5 cm. Esta solución permite igualar a cota da calzada coa do aparcadoiro, evita o crecemento de maleza entre a calzada e as beirarrúas existentes, e mellora ademais a drenaxe da estrada.

A actuación se está a levar cabo mediante o contrato de conservación integral e suporá un investimento superior aos 40.000 euros.

Este tipo de traballos son unha mostra da aposta firme da consellería que dirixe Ethel Vázquez por mellorar o estado de conservación das estradas pertencentes á Xunta de Galicia.

13 de marzo de 2015 | 17:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.