Máis dun centenar de membros do Club de Empresas Obradoiro na segunda xornada Empresa & Deporte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro celebrou a xornada “Empresa & Deporte: Unha conversa sobre a dirección de grupos e a resolución de conflitos”, que citou no Club Financeiro de Santiago a máis dun centenar de membros do Club de Empresas Obradoiro.  Nesta ocasión, a cita estivo apoiada por AON, asina líder mundial en correduría de seguros e servizos de xestión de riscos.

Alí, os asistentes asistiron a unha conversación entre Juancho Armental xerente do grupo Arestora, e o técnico Moncho Fernández, que desde as súas experiencias persoais expuxeron posibles camiños á hora de dirixir grupos humanos. Logo, os dous protagonistas quixeron contar tamén coa retroalimentación dos asistentes, realizando un divertido concurso sobre os temas falados. O gañador, ademais, levou unha pizarra de premio.

Tras a clausura da xornada realizada polo conselleiro Óscar Rodríguez, de Espiña & Delfín, que agradeceu o patrocinio de AON e a colaboración doutras moitas entidades, os presentes puideron gozar dunha clase maxistral do mestre cervexeiro Fernando Iglesias, de Estrella Galicia.

“Así se tira unha cervexa” foi unha breve explicación dos pasos para obter unha cana perfecta, e os propios xogadores do Rio Natura Monbus Obradoiro, como Jesús Chagoyen, animáronse a tentalo. O catering de Quercus IP foi o colofón dunha actividade máis de unión entre club e empresas colaboradoras.

26 de marzo de 2015 | 17:38 • Sen comentarios

Comentarios pechados.