Máis de 350 persoas participaron na marcha solidaria pola muller no Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+
Andaina pola muller

Andaina pola muller

A marcha solidiaria pola muller concentrou máis de 350 persoas no Carballiño, para realizar un percorrido duns 10 quilómetros pola scalles e o rural carballiñés. A edil de Muller, Purificación Alberte, organizadora desta actividade, recoñecía o éxito de participación, así como a presenza, cada vez maior, de mozos da vila neste tipo de actos.

Nesta ocasión a andaina tiña un fin máis solidario aínda, xa que na zona de saída se habilitou un posto para a Asociación Española de Loita Contra o Cancro, onde todos os participantes na andaina que o quixeron, depositaron o seu donativo. Segundo comentaron os voluntarios da AECC, estaban moi satisfeitos da colaboración que estaban a dar os veciños e participantes da andaina, que antes da saída xa encheran algún dos petos colocados para a ocasión.

Un ano máis esta aindaina solidaria reuniu familias enteiras, atletas da zona e, cada ano máis, veciños cos seus cans que aproveitaron esta camiñada para facer exercicio eles e as súas mascotas.

15 de marzo de 2015 | 20:21 • Sen comentarios

Comentarios pechados.