publicidade hoxe

Luz verde para o contrato de mellora de capa de rodadura en Cances Grande

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

A Xunta de Goberno Local reunida en sesión ordinaria vén de aprobar o expediente para a contratación da “Mellora de capa de rodadura en Cances Grande, Parroquia de Cances”, un proxecto incluído no Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de Competencia Municipal (POS) 2015. O orzamento de adxudicación ascende a 189.765 euros (IVE incluído). No apartado de contratación, a Xunta de Goberno tamén deu luz verde á adxudicación do contrato administrativo de servizos de “Mantemento das instalacións, equipos e sistemas de protección contra incendios (PCI) do Concello de Carballo”.

A empresa responsable será APER Seguridad e o prezo unitario de cada sistema de abastecemento BIEs (Bocas de Incendio Equipadas) é de 135 euros. O prazo máximo de execución material do contrato será o de catro anos, prorrogables por mutuo acordo das partes mediante dúas prórrogas anuais. A sesión supuxo, así mesmo, a aprobación dunha prórroga para o III Plan de Igualdade de Oportunidades do Concello de Carballo durante dous anos máis. Tamén recibiu luz verde a celebración da V Carreira popular 10 Km Concello de Carballo, que está previsto que se celebre o 21 de xuño deste ano a partir das 9.30 horas polas principais rúas da capital municipal e que está cualificada como “proba oficial da Federación Galega de Atletismo con distancia homologada”.

A cita tamén conta coa colaboración da Deputación da Coruña xa que está incluída no seu circuíto de carreiras populares. No apartado de convenios, a sesión supuxo luz verde para un acordo marco de colaboración formativa entre a Federación de Salvamento e Socorrismo de Galicia e o Concello de Carballo para a realización de prácticas profesionais titorizadas dentro do programa de formación ocupacional da Xunta de Galicia en Socorrismo en espazos naturais e instalacións acuáticas. O Concello comprométese a acoller ao alumnado de prácticas a garantir a máis ampla aplicación dos coñecementos adquiridos, así como o seguimento e apoio por pare da persoa titora designada para avaliar as prácticas realizadas.

A Fessga deberá proporcionar os equipos axeitados para o desempeño das súas funcións e velar polo uso efectivo dos mesmos cando sexa necesario. Por último, a Xunta de Goberno aprobou un vao permanente, dúas licenzas de obra e unha licenza de parcelación.

23 de marzo de 2015 | 19:11 • Sen comentarios

Comentarios pechados.