Luz Casal presentará no Auditorio de Ferrol o seu último traballo discográfico “Almas gemelas”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrol
A-
A+

Luz Casal presentará este venres 27 ás 21:00 horas no Auditorio de Ferrol o seu último traballo discográfico Almas gemelas dentro do ciclo “Son(S) de Ferrol” da Concellería de Cultura, que dirixe Manuel Reyes García Hurtado. As entradas están esgotadas dende hai semanas polo que o Auditorio contará cun cheo absoluto.

Tras seis anos sen publicar material inédito, a artista galega reaparece cun dobre disco no que se presenta proteica e tentacular, capaz de asimilar sons novos e intimistas sen relegar o rock máis esencial. Almas gemelas foi publicado á vez en dúas edicións, unha composta por dez cancións en español e outra á que se sumasan sete temas en francés, portugués e italiano para a súa publicación mundial, consecuencia do seu asentado éxito internacional.

24 de marzo de 2015 | 17:03 • Sen comentarios

Comentarios pechados.