Lúa Piñeiro faise coa medalla de bronce no Open de Suíza

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesDeportes Portada
A-
A+
Lúa Piñeiro no podio

Lúa Piñeiro no podio

Lúa Piñeiro (-67, Natural Sport Riveira) segue sumando puntos para o ránking mundial. O domingo logrou o bronce no Open de Suiza, torneo da clase G1, tras caer na semifinal contra a representante de Serbia.

En primeira rolda, Lúa superou á representante alemana Vanessa Koerndl de forma clara (6-10) e posteriormente á francesa Benedicte Siosse por un rotundo 13-1. Na semifinal, perder contra a serbia Ana Bajic (2-5). Bronce para a galega.

Ademais, hai que destacar a boa actuación do tamén galego José Fernández Rey (-74, Natural Sport). Fixo tres combates e gañou os dous primeiros. Gañou ao italiano Iván Scala (15-3) e a Georgios Kakouris (Chipre) por 4-1, para caer derrotado contra o serbio Damir Fejzic nun apertado combate (1-0). Bo traballo de José, que regresou a competición despois dunha longa tempada parado por lesión.

Por último, sinalar que Katia Calvar (-67, Mat´s) perdeu no primeiro combate fronte a eslovena Donja Lemajic (6-4).

9 de marzo de 2015 | 14:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.