López Abella asiste á entrega da medalla da honor da emigración española en New Jersey

Susana López Abella en New Jersey
A secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella asistiu onte pola tarde á entrega da Medalla de honor á cidadá galega residente en New Jersey, María Jesús Vila. Segundo resaltou López Abella, a concesión da Medalla por parte do Ministerio de Empleo e Seguridade Social a esta cidadá ribeirense é un recoñecemento á súa dilatada traxectoria profesional e persoal e polo seu compromiso e dedicación a favor da comunidade española nos Estados Unidos.