publicidade hoxe

La Guagua representa no Auditorio de Vilagarcía o mellor musical infantil de 2014

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioVilagarcía de Arousa
A-
A+

O público familiar e especialmente os nenos e nenas terán o domingo unha atractiva oferta cultural para pasar unha animada tarde no Auditorio. Trátase de “¡Vivan los niños!”, o espectáculo que o ano pasado obtivo os galardóns de Mellor Musical Infantil e o Mellor deseño de don nos Premios Broadway World 2014. O grupo La Guagua interpreta o divertido musical no que cancións, baile e audiovisuais compoñen un todo moita calidade.

¡Vivan los niños! Nace da ilusión dos compoñentes do grupo la Guagua de crear algo único que, ademais de divertir ao público infantil, recollese valores tales como o respecto a igualdade entre homes e mulleres, a amizade, a animación á lectura… co obxecto de facerllos chegar aos cativos a través da música e o teatro.

Trátase dun espectáculo interdisciplinar no que o canto, a danza clásica, o hip hop, as proxeccións audiovisuais e os elementos escenográficos danse cita para crear un ambiente único que fará gozar a toda a familia.

Durante os 100 minutos que dura o espectáculo, La Guagua traslada ao público a un mundo de ilusión e fantasía, no que todo é posible e os soños fanse realidade. Todo, grazas ao poder evocador das cancións sobre as que se articula o espectáculo.

Sinose:

O grupo La Guagua ve por fin cumprido o seu sono de gravar un disco, e para presentalo a todos os nenos e nenas, organizan un gran concerto. Todo parece ir sobre rodas ata que aparecen François, un afamado pallaso do Circo de París, e a súa acompañante, a simpática Payasa-Hada. A intervención destas dúas personaxes fan que as cousas non salgan como estaban previstas.

Payasa-Hada é unha fervente admiradora de La Guagua e soña con formar parte do seu espectáculo, así que non dubida en coarse nel. En busca de protagonismo, François e Payasa-Hada conxelarán e hipnotizarán aos integrantes de La Guagua … e isto trae unhas consecuencias terribles para o espectáculo.

Todo mellorará grazas á aparición en escena do Capitán Desastre e de Monster Chef, que axudarán aos protagonistas a espertar da hipnose e a combater os efectos da mesma.

As entradas para o espectáculo pódense adquirir con antelación a través da web www.servinova.com e do teléfono 902 504 500. O prezo en venta anticipada é de 10 euros máis custes de xestión. Tamén se poderán adquirir na billeteira do Auditorio o mesmo día da función a 12 euros.

Os nenos de ata dous anos de idade poderán entrar de balde, aínda que será preciso que conten con entrada a efectos de garantir que conten con butaca e para controlar o aforo. Poden reservar a localidade tamén a través de servinova pagando unicamente o 1,60 euros dos custes de xestión.

11 de marzo de 2015 | 12:33 • Sen comentarios

Comentarios pechados.