Kaiak Tudense e Breogán son os equipos gañadores do Campionato Galego de barcos de equipo

Kaiak Tudense
Rubén Millán e Gabriel Campo Pavón, do Kaiak Tudense, en K-2, Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove, en C-2, Tania Álvarez e Natalia García, tamén do Breogán, en K-2, e Noelia Suárez e Nerea Gondar, en C-2, foron os triunfadores na categoría sénior no Campionato Galego de barcos de equipo que se disputou en Verducido. O Kaiak Tudense impúxose por equipos en sénior masculino e a Ría de Aldán Irmáns Gandón na feminina. As regatas disputáronse na distancia de 5.000 metros para as categorías de cadetes, xuvenís, sénior e veteranos.
O equipo tudense logrou o tres primeiros lugares en K-2. Rubén Millán e Gabriel Pavón foron os que entraron primeiros na liña de chegada, mentres Diego Piña e Roi Rodríguez fixérono na segunda posición e Aarón Diéguez e Gabriel Hernández foron terceiros. Antonio Palmas e Brais Sánchez, do Piragüismo Vilaboa, foron cuartos. Os gañadores investiron pouco menos de 19 minutos en cubrir a distancia.
Os dominadores en C-2 foron Tono Campos e Diego Romero, do Breogán do Grove. Lograron unha cómoda vitoria ante Ramón Ferro e Óscar Graña, do Kaiak Tudense. Adrián Siero e Sergio Vallejo, do Poio Conservas Pescamar, foron terceiros. Entre estas dúas embarcacións produciuse unha forte loita até os últimos metros.
Tania Álvarez e Natalia García foron as mellores en K-2 feminino, ao superar a Ángela Baulde e Rebecca Laurjseen, do As Torres, e Carla Sieiro e Noelia Martínez, do Club Naval de Pontevedra, que chegaron segundas e terceiras. A regata estivo dominada por Carla Cerqueira e Aurora Santomé, do Kaiak Tudense, que mantiveron o liderado até o paso pola última ciaboga. Con todo, a rotura do temón levoulles a perder as súas opcións de vitoria. En C-2, as gañadoras foron Noelia Suárez e Nerea Gondar, do Pio Conservas Pescamar.
Na categoría xuvenil C-2, Antía Jacome Couto e Isabel Noya, da Cidade de Pontevedra, proclamáronse gañadores, por diante de Andrea Vázquez e Paula Castro, e Arancha Rodríguez e María García, os dous barcos do Rías Baixas Boiro. En K-2, Irene Dacosta e Marta Igrexas, da Ría de Aldán Irmáns Galdón, levaron a medalla de ouro. Camila Aldana Morrison e Vanesa Carril, do Pontecesures, foron segundas. No terceiro lugar clasificáronse Cintia Fernández e Laura Ares, do Firrete.
En xuvenil masculino K-2, os mellores foron Adrián García e Alexander Marcos, do Club Naval de Pontevedra. Superaron a Alexandre Castro e Iván Villanueva, da Cidade de Pontevedra, e a Alejandro Cadros e Noe Vila, do Fluvial de Lugo. En C-2 foron Alex Bernárdez e e Iván Vallejo, do Poio Conservas Pescamar, os que lograron a vitoria. Segundos foron Alfonso Domínguez e Rubén Dasilva, do Kaiak Tudense, e terceiros David García e Jorge Armando, do Club Náutico Firrete.
En cadete muller K-2, Carolina García e Alba Lorenzo, da Cidade de Pontevedra, foron as primeiras, superando a Fátima Ordóñez e Catuxa Fabeira, do As Torres Romaría Viquinga, e a María Lancho e Clara González, do Cidade de Lugo. En C-2, as mellores foron Antía Jacome e Isabel Noya, da Cidade de Pontevedra, por diante de Andrea Vázquez e Paula Castro, e Arancha Rodríguez e María García, do Rías Baixas Boiro.
Francisco Silva e Luís Rodríguez, do Portonovo, foron os gañadores en K-2 masculino. No segundo posto clasificáronse Diego García e Samuel Villanueva, do Verducido Pontillón, e o terceiro lugar foi para David Ribeiro e Leonardo Leiro, do Portonovo. En C-2, David Barreiro e Santiago Parcero lograron a medalla de ouro, mentres Pablo Graña e Felipe Martín foron segundos. Todo eles pertencen ao Náutico Rodeira. Mario Rei e José Luís Sánchez, da Ría de Betanzos, foron terceiros.
O Kaiak Tudense foi o gañador por clubs na categoría sénior masculina, por diante do Club Piragüismo Vilaboa e o Náutico de Pontecesures En feminino, o primeiro na clasificación consolidouse o Club de Mar Ría de Aldán Irmáns Galdón, que superou na puntuación ao As Torres Romaría Viquinga e ao Breogán do Grove.
En júnior masculino impúxose a Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra e en feminino o Club de Mar Ría de Aldán. Nos cadetes, a Cidade de Pontevedra foi o mellor na categoría masculina e o As Torres Romaría Viquinga en feminino.











