Jóias D’Ovo – Laurinda Moutinho érguese como o mellor stand da Feira do Lázaro 2015

Entrega do premio ao mellor stand
O Concello de Verín convocou, por oitavo ano consecutivo, o premio ao mellor stand participante na Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’, que se celebrou durante estes tres últimos días no Pavillón Municipal de Deportes da localidade.
O obxectivo deste premio era recoñecer o esforzo creativo de cada participante para conseguir unha montaxe atractiva para a exposición e venda dos produtos. O xurado cualificador composto por Manuela Sánchez -pintora-, Álvaro Ferreira -artesán- e María Corona Meixeira -concelleira de Cultura de Verín- valorou aspectos como: creatividade, orixinalidade no deseño, presentación do stand e dos produtos, selección de materiais empregados e disposición de espazos. Nesta ocasión este premio recaeu en Jóias D’Ovo – Laurinda Moutinhoque recibiu un diploma acreditativo de mans do alcalde de Verín, Juan Manuel Jiménez, membros do xurado e o responsable de recepción do Parador de Verín, Carlos Taboada; así como unha noite en réxime de aloxamento e almorzo, para dúas persoas, no Parador de Puebla de Sanabria -outorgado polo establecemento verinense desta cadea hoteleira-.
Nesta edición da Feira do Lázaro e Certame Gastronómico ‘Vila de Verín’ participaron un total de setenta stands, procedentes de varios puntos da xeografía española e do Norte de Portugal, que ofertaron a veciños e visitantes artigos como coces artesanais, queixos, mel, aceites, artigos confeccionados en pel ou madeira, la, produtos de fumeiro, xabóns artesanais, fogar, pintura ou bixutería.
Este evento está organizado polo Concello de Verín e patrocinado por: Eurocidade Chaves-Verín AECT, Plan de Competitividade Turística Puertas de Galicia, Inorde, Deputación Provincial, Xunta de Galicia, Gadis, Cabreiroá, Construcciones Hnos. Carrajo, D.O. Monterrei, Socitransa, Parador de Verín, Vipeca, Aceites Abril, Pirotecnia Xaraiva, La Caixa, Caja Rural de Zamora, Estradas Galegas SL, MRW, Esinor, AEVER-CCU Verín e AEHCOM.











