publicidade hoxe

Jiménez acada a prata na Copa Galicia de Optimist en Clase C

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCangasDeportes
A-
A+
Equipo Optimist Rodeira

Equipo Optimist Rodeira

Esta fin de semana disputouse en Aguete a Copa Galicia de Optimist na que participaron 135 deportistas chegados de toda a xeografía galega. O Náutico Rodeira estivo representado polo seu equipo de regatas que desprazou á proba a 11 regatistas.

A primeira xornada caracterizouse polo vento que se ben ao comezo do día foi moderado foi subindo ao longo de todo o día, permitindo a celebración de tres mangas para o grupo amarelo e dúas para o grupo azul. Gran papel de Lucas Jiménez que cun 7 e un 20 logrou situarse na 12 posición da xeral do grupo azul, 2º na clase C, sobre todo tendo en conta que é un dos regatistas máis novos da flota. Tamén hai que destacar o primeiro posto de Pablo Rodríguez na segunda proba do día, despois de facer un fóra de liña na anterior, o que lle lastrou na clasificación xeral levándoo ata a praza 35 da xeral.

A segunda xornada estivo marcada polos fortes ventos que non permitiron a celebración de ningunha manga, quedando os resultados sen cambios.

O adestrador Andrés Jiménez amosouse moi satisfeito cos resultados: “Foron condicións moi esixentes polo que estou moi contento co papel realizado. Lucas logrou o seu primeiro podio e aínda lle queda dous anos na súa categoría” comentou. “Temos un grupo moi novo, con moita proxección. Marcos e Gabriel, recentes incorporacións ao equipo, pecharon un papel moi bo quedando pola metade do seu grupo. Por outra banda temos a varios regatistas que saen con opcións de ascender ao grupo amarelo ao longo desta tempada” rematou.

Resultados:

Grupo Amarelo

27. Pablo Juncal.

39. Clara Rodríguez.

45.Víctor J. González

Grupo Azul

6. Mariana Gago.

10. Manuel Paz.

12. Lucas Jiménez.

25. Javier García.

36. Pablo Rodríguez.

37. Marcos Paz.

40. Gabriel Piñeiro.

48. Eduardo Pola.

25 de marzo de 2015 | 15:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.