publicidade hoxe

IV Andaina A.D. Vincios

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

 A Agrupación Deportiva Vincios, organiza para o próximo 15 de Marzo, a IV Andaina A.D.Vincios. A saída será ás 10:00 horas do Pavillón de Deportes do concello. O percorrido contará con, aproximadamente, 12 km, onde o 90% se fará por pistas de terra, sempre contando con monitores durante todo o percorrido. Ademais entregarase un avituallamento e unha bolsa coa comida.

Todos os interesados deberán inscribirse no correo electrónico: vinciostm@gmail.com, achegando; nome e apelidos, día de nacemento, localidade, D.N.I. e teléfono de contacto, en caso de menores de 14 a 18 anos que acudan sós, deberán achegar un permiso dos pais ou titores. O prazo de inscrición rematará o domingo 15 de Marzo antes da saída. O prezo de colaboración que deberán achegar os participantes será de cinco euros e incluirá, (Seguro de Accidentes, Seguro de Responsabilidade Civil, avituallamento e comida que recollerán antes da saída). O pagamento deberase facer por transferencia, en Caixeiros de La Caixa, no n.º de conta: 2100 5752 67 0200079253 ou persoalmente no Pavillón Municipal antes da saída.

Durante a “Andaina Popular”, os participantes poderán contar cun Servizo de Gardaría para os seus fillos. Cada neno dispoñerá dunha acreditación, cos seus datos persoais e autorización asinada polo seu pai, nai ou titor acompañado do teléfono de contacto. A agrupación agradece que se faga a inscrición do servizo de gardaría con anterioridade ao día do servizo, para poder facer unha programación de actividades por idades dos participantes.

2 de marzo de 2015 | 18:25 • Sen comentarios

Comentarios pechados.