Invístense 50.000 euros na reforma e mellora do espacio ludico dos Catro Camiños
O concello do Carballiño confirmou hoxe a subvención por parte da Deputación provincial de Ourensa para a reforma e mellora do espacio lúdico da zona dos Catro Camiños, por un importe total de 50.000 euros. Esta inversión servirá para mellorar as instalaciones de xogos existentes xa nesa zona, o tempo que se dota o espacio dunha maior seguridade para os pequenos, e máis comodidade para os pais e avos que acuden ó parque cos nenos.
Por outra banda estase plantexando a posiblidade de crear algunha nova estructura lúdica no mesmo parque, solicitada en alguna ocasión polos propios usuarios. Cabe sinalar que dende o concello do Carballiño estase dotando de este tipo de zonas de xogo para cativos, na maioria dos barrios (na actualidade mellora e ampliación xa realizada no parque da Alameda, creación do novo parque da Veracruz, e agora mellora do parque dos Catro Camiños), e anuncian la creación de novos parques en barrios que na actualidade carecen deles.