Investiranse máis de 187.000 euros na mellora de rúas e camiños en cinco parroquias de Mos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMosPontevedra
A-
A+

A Deputación de Pontevedra, na súa Xunta de Goberno do pasado venres, aprobou destinar 187.115 euros a mellorar o pavimento en camiños de cinco parroquias do concello de Mos.

Con cargo ó Plan Provincial de Obras e Servizos de 2015, o organismo provincial  investirá  105.495 euros no acondicionamento das vías de Petelos,  Dornela-Torroso, Pereiras  e Tameiga, e  81.620 euros en Sanguiñeda. 

En concreto, vanse mellorar o pavimento e a sinalización dos camiños da Porteliña e Raposeira (Petelos), das Carballas e da subida a Buenos Aires (Dornelas-Torroso), da baixada a Cabral (Tameiga) e da vía Alcalde Olegario Rodríguez Pérez (Pereiras),  espazos onde, atendendo ás necesidades de cada unha das zonas, tamén se acometerán traballos complementarios para o acondicionamento das beiravías,  a mellora  das marxes ou a limpeza da rede de sumidoiros.

Mentres, na parroquia de Sanguiñeda o investimento económico destinarase ó acondicionamento do firme en Chan do Lameiro e no camiño da Quiringosta, onde tamén se realizarán actuacións complementarias (limpeza e roza das beiras, adecuación da rede de sumidoiros, levantado e pintado de tapas) para garantir o mellor mantemento das vías.

16 de marzo de 2015 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.