Intervencións de aglomerado de rúas e de reparación de beirarrúas en oito zonas de Ferrol
A Concellería de Servizos e Medio Ambiente do Concello de Ferrol, que dirixe Borja Carro Muñoz, informou esta mañá sobre as actuacións de mantemento de viarios e beirarrúas acometidas o último mes nos barrios de A Magdalena, Santa Icía, Esteiro, San Pablo, Caranza, Canido, así como no Ensanche A e Ultramar. Estas tarefas levadas a cabo polos operarios de Misturas S.A –empresa adxudicataria do servizo- se centraron na reparación de firmes con aglomerados e de beirarrúas en mal estado.
Así, os traballos de mellora e reparación de beirarrúas se acometeron na zona dos ensanches da cidade e no barrio da Magdalena. Máis concretamente, este servizo de mantemento interveu nas beirarrúas de: Río Castro, Mosteiro de Monfero, Colombia e Dolores. A estas actuacións hai que engadir as de reposición de firmes con aglomerado que no último mes tiveron lugar en A Magdalena, Santa Icía, Esteiro, San Pablo, Caranza e Canido. A relación de rúas e zonas nas que se realizaron actuacións no aglomerado é a seguinte:
– A Magdalena: rúa Terra.
– Santa Icía: estrada de Santa Icía.
– Esteiro: avenida de Vigo e rúa San Ramón.
– San Pablo: estrada de Catabois.
– Caranza: rúa Tejeras.
– Canido: rúa Navegantes.
Ademais, este servizo municipal completou o acondiconamento como área de aparcamento da explanada exterior do acuartelamento do Sánchez Aguilera.











