Instálase unha nova estrutura de madeira para xogar e practicar axilidade na praia de Compostela
A Praia da Compostela conta dende hoxe cun novo atractivo para nenos e mozos e para todo aquel que desexe practicar axilidade e equilibrio. Trátase dunha estrutura de madeira de varios metros de lonxitude que se instalou ao lado da tirolina. Con esta actuación, o Concello segue ampliando a zona deportiva e de xogos dos areais a efectos de dinamizalos con máis e novos usos.
Persoal do departamento de Medio Ambiente e da empresa subministradora do equipamento colaboraron ao longo de toda a mañá de hoxe nos traballos para a instalación do xogo.
A estrutura de xogos e deporte financiouse a través dunha axuda da Deputación Provincial. Ten varios metros de lonxitude e dispón de pasarelas, peldaños, ramplas, redes polas que trepar e un tobogán. Os usuarios poden practicar e divertirse nesta nova atracción utilizándoa a modo de circuíto.
Está situada en paralelo á tirolina e moi próxima ao castelo e xogos infantís e a pirámide de redes. Cone sta nova peza, o goberno local segue traballando no seu obxectivo de dotar de ampliar os servizos e atractivos ds praias de Compostela e a Concha para poder sacarlle todo o rendemento e as numerosas posibilidades que esta gran zona da cidade ten para o esparexemento durante todo o ano.
A instalación do novo xogo rematouse hoxe, coa excepción da colocación da peza do tobogán, que se porá o luns. Non obstanbte, a estrutura xa está en disposición de ser utilizada no soleado fin de semana que se aveciña.











