Inaugúrase en Gondomar a mostra plástica “Mar de Crebas” de Alejandra Sampedro
O vindeiro venres 13 de marzo ás 20:30 horas terá lugar a inauguración da mostra “Mar de Crebas”, formado por obra fotográfica e escultórica da artista plástica Alejandra Sampedro. A instalación será presentada polo fotógrafo SantiVegana Aula de Cultura Ponte de Rosas. A exposición permanecerá aberta ao público de luns a venres de 19 a 21 horas até o 8 de maio. Trala presentación compartiremos unha copa de viño e unhas roscas, xentileza da Adega Terras Gauda e a Panadería Copena de Gondomar.
Da autora
Alejandra Sampedro (Valencia, 1988) graduouse en Belas Artes pola Universidade de Vigo,cursou estudos universitarios de performance, fotografíae pintura con Cristina Fernández Núñez. Completa a súaformación artística co Máster Universitario en Arte Contemporánea,Investigación e Creación (UVigo). Recentementeamplía estudos de escultura con Bárbara Alonsono taller Almart en Madrid.











