II Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos a Flote en Tui

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesTui
A-
A+

Este domingo, 22 de marzo, a partir das 08.00 horas, nas instalacións do Club Náutico San Telmo, terá lugar a segunda edición do Concurso Internacional de Pesca Deportiva de Salmónidos a Flote, organizado polo propio club, en colaboración co Concello de Tui e a Asociación de Pesca Reo Miño.

O concurso comezará ás 08.00 horas, coa entrega dos dorsais aos participantes, sendo o inicio da xornada de pesca ás 08.30 horas. A entrega dos trofeos realizarase nas instalacións do Náutico San Telmo a partir das 17.30 horas.

As inscricións poderán realizarse ata o mesmo día do concurso, a través dos números de teléfono 986.602.464 ou no 657.875.716

18 de marzo de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.