Igualdade convoca aos veciños de Vilagarcía a participar na celebración do 8M na praza de Galicia
A Concellería de Igualdade, o Centro de Información á Muller (CIM) e o Consello local da Muller convidan aos vilagarciáns a participar na conmemoración do 8M, Día Internacional da Muller Traballadora, asistindo ao acto principal que se desenvolverá mañá, sábado, a partir das 12:30 horas na Praza de Galicia. Con elo pretenden facer visible ante a sociedade a sociedade necesidade de seguir avanzando para acadar definitivamente a igualdade de xénero e para reivindicar todos xuntos as medidas precisas para elo.
O acto comezará coa lectura do manifesto elaborado polo Consello Local da Muller e aprobado polo Pleno da Corporación Municipal e que, nesta ocasión e por vez primeira, será un home o encargado de reproducilo. Será o Psicólogo da Concellería de Igualdade, Javier Valdivia. A continuación, Ramona Castaño recibirá unha sinxela homenaxe por parte do Consello local da Muller en recoñecemento á labor en defensa dos dereitos da Muller realizada durante anos tanto durante o tempo que exerceu como concelleira de Muller como dende os distintos colectivos e ámbitos nos que colaborou.
Como colofón, o acto pecharse cunha simbólica solta de globos morados, cor que simbolida a loita polos dereitos das mulleres. A organización repartirá globos entre os asistentes que poderán escribir sobre eles o nome da muller que consideren especialmente relevante para logo.
O primeiro acto conmemorativo do 8M comezará dúas horas antes na explanada do Auditorio Municipal onde estás prevista a saída da Maratón Fotográfica pola Igualdade de xénero no eido laboral. O certame segue contando co interese do público xa que a inscrición nesta conta con 29 participantes. Como establecen as bases, os concursantes deberán ilustrar no día as diferentes temáticas que se lles indicarán ao inicio da proba. As tres mellores imaxes serán premiadas con 200 euros.











