publicidade hoxe

Homenaxe á Muller no Concello de Ribadumia

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaRibadumia
A-
A+

O Concello de Ribadumia conmemora o domingo, ás 19.00 horas no Auditorio Municipal Santa Baia, o Día Internacional da Muller, cunha homenaxe a seis persoas do municipio. Dorinda Pazos, de Ribadumia; María Rebón, de Lois;Dolores Domínguez, de Barrrantes;Luisa Ares, de Barrrantes; Elvira Abal, de Leiro; e Luisa Chantrero, de Sisán,son as elixidas para recibir esta distinción na quinta edición da Homenaxe á Muller do Concello de Ribadumia. O obxectivo, segundo explica a alcaldesa Salomé Peña, é recoñecer a súa traxectoria e o seu esforzo tanto no ámbito laboral como na conciliación coa súa vida persoal.

Son mulleres que destacan polo seu esforzo constante ao longo de toda a súa vida, desde as idades máis temperás, polo seu traballo, a súa constancia e por terse que afrontar a situacións adversas. Segundo explican dende o concello, son seis mulleres emprendedoras, cada unha no seu ámbito: sacando adiante unha taberna, estando ó fronte dunha carnicería ou panadaría, traballando nunha peluquería ou dedicándose á costura. Elas son unha representación da muller rural e labrega e tamén da muller actual. Combinando este traballo coas tarefas do fogar, co coidado e coa educación dos fillos. Mulleres que dedicaron toda a súa vida ao traballo dentro e fóra da casa.Todas elas combinaron as súas tarefas no campo, dende moi mozas, co coidado de fillos e dos maiores máis levaron adiante un negocio. E todas elas tamén destacan por unha incansable fortaleza e ansias de superación, dunha grande vitalidade e de ser o motor das súas familias. “E agora é tempo de que lle devolvamos un anaco de todo o que elas nos ofreceron”, opina Salomé Peña.

A homenaxe a estas seis mulleres tamén contará coa participación das súas familias e amigos. Serán eles, os seus fillos, as súas fillas, netos e netas, quen expliquen ao público do Auditorio os aspectos máis salientables da vida de cada unha delas.

Tras o acto, o escenario do Auditorio acollerá ó grupo de teatro “As Lerchas”.

Chegan “As Lerchas” ao Auditorio Municipal de Ribadumia

A concellería de Cultura de Ribadumia propón para esta fin de semana unha parodia da man de Sally Torres e Mari Rivadulla que forman o peculiar dúo “As Lerchas”. É unha obra para tódolos públicos que permite aos asistentes pasar unha tarde agradable e moi divertida a través do teatro.

O dúo comezou a meterse no mundo do teatro e da interpretación e por casualidades da vida aterrizou no Luar da TVG. Alí estiveron un ano contando chistes con outras amigas, chamábanse as “Salis”, e a raíz de aquelo xurdiu o salto á gran pantalla. No ano 2012 reciben o segundo premio no concurso Os Humorosos do Luar e dende ahí estarían cada venres actuando no Luar. Actualmente traballan para numerosos Concellos e distintos organismos que respaldan o seu éxito.

A entrada é de balde, aproximadamente ás 19:30 horas no Auditorio Municipal de Ribadumia.

6 de marzo de 2015 | 13:04 • Sen comentarios

Comentarios pechados.