‘Herbe d’Or presenta o espectáculo “Mélodimaginaire 3” no Pazo da Cultura de Carballo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioCarballo
A-
A+

O luns 16 de marzo a compañía francesa de teatro e música L’Herbe d’Or actuará en Carballo grazas á colaboración levada a cabo entre a Escola Oficial de Idiomas, o Concello de Carballo e os Institutos de Educación Secundaria Alfredo Brañas e Parga Pondal. L’Herbe d’Or, que xa visitara Carballo no 2009 co espectáculo “Gros comme ça”, é un colectivo de artistas procedentes de varias disciplinas do espectáculo: músicos, contacontos e actores, cun mesmo obxectivo: lograr que a creación contemporánea sexa accesible a todos. Creado en 1996, hoxe en día L’Herbe d’Or realiza varios espectáculos tanto en Francia como noutros países europeos, e en España leva máis de 300 representacións.

O auditorio do Pazo da Cultura acollerá dúas funcións do espectáculo “Mélodimaginaire 3”. Unha función pola mañá, ás 11.00 horas, dirixida principalmente aos alumnos dos institutos e outra función pola tarde, ás 20.00 horas, dirixida ao alumnado da Escola Oficial de Idiomas e aberta ao público, ata completar o aforo. O obxectivo é favorecer o achegamento dos alumnos e do público á lingua e á cultura francesa. O espectáculo está realizado completamente en francés, pero adaptándose ao público e utilizando mesmo a tradución para relaxar o ambiente e facilitar a comprensión do espectáculo e a asistencia do público en xeral.

13 de marzo de 2015 | 19:14 • Sen comentarios

Comentarios pechados.