publicidade hoxe

Haris Giannopoulos e Juanjo Triguero mostran o seu apoio a “I have a dream” da ciclista Mila López

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+
Haris e Juanjo xunto a Mila López na presentación de "I have a dream"

Haris e Juanjo xunto a Mila López na presentación de “I have a dream”

O Rio Natura Monbus Obradoiro, representado polos xogadores Juanjo Triguero e Haris Giannopoulos, acudiu esta mañá á presentación en Santiago do proxecto “I have a dream”, da ciclista Mila López, realizado nas instalacións do membro do Club de Empresas Obradoiro, Pazo de Altamira.

A deportista, que sofre da malformación espiña bífida, é unha das mellores corredoras de handbike de España, e agora loita por conseguir os recursos económicos necesarios para presentarse a probas internacionais e competir por entrar nos Xogos Paralímpicos de Rio 2016.

“O que Mila fixo por chegar ata aquí ten un mérito incrible e ningún tema económico debería parar esa progresión, que de momento non coñece teito”, declaraba Giannopoulos, ao que Triguero engadía que “é un exemplo de loita deportiva que mostra, como moitos máis, o necesario que é o apoio das institucións públicas e privadas”.

Os xogadores de baloncesto, deporte ao que Mila dedicouse previamente na modalidade cadeira de rodas, charlaron coa ciclista, arroupada no acto por outros personaxes públicos do deporte e da cidade compostelá, así como pola Subdirectora Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia, Laura Mosquera.

26 de marzo de 2015 | 20:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.