Giovanni Pérez gaña na segunda proba do trofeo nacional Enduro Senior C 2T
O pasado domingo 29 de marzo celebrouse na localidade de Vinaros a segunda proba puntuable para o Cto. de España e Trofeo Nacional de Enduro, na que o galego Giovanni Pérez lograba a vitoria na categoría Sénior C 2T.
A seguinte proba do Cto. de España de Enduro terá lugar en Santiago de Compostela os días 25 e 26 de abril.
JORGE CASALES, CUARTO CLASIFICADO NA PRIMEIRA PROBA DO CTO. DE ESPAÑA DE TRIAL TR1
O pasado domingo 29 de marzo celebrouse na localidade de San Joan (Mallorca) a primeira proba do Cto. de España de Trial para a categoría TR1, na que o galego Jorge Casales lograba a cuarta posición, por detrás de Adam Raga, Jeroni Fajardo e Toni Bou, e por diante de Albert Cabestany
A seguinte proba do Cto. de España de Trial está prevista para o 12 de abril na localidade madrileña de Lozoyuela.











