Galicia participará no Open de Holanda esta fin de semana
Galicia estará representada con oito deportistas na 42 edición do Open de Holanda, que terá lugar os días 13 e 15 de marzo en Eindhoven (G-2). Este torneo ten un importante prestixio e unha espectacular participación, polo que servirá para medir as prestacións dos nosos deportistas e sumar puntos no ránking internacional.
Desta forma, en Eindhoven estarán Katya Calvar e Lúa Piñeiro (medalla en Suíza o domingo pasado), ambas en -67 quilogramos na categoría absoluta, mentres que tamén participarán en júnior Laura Dosil, Miryam García e Sara Cortegoso. Na categoría masculina, competirá José Fernández Rey, que a fin de semana pasado fixo un gran traballo en Suíza, Borja Ríos (-58) e Javier González (-63), na categoría júnior. No Open de Holanda participarán un total de 1.700 deportistas das categorías cadete, júnior e sénior e con presenza de taekwondistas das maiores potencias (Gran Bretaña, Turquía, Irán, Francia…).











