Galicia logrou oito medallas no Campionato de España sub 21 de taekwondo

Grupo Sub 21
Galicia logrou un total de oito medallas (un ouro, catro prata e tres bronces) no Campionato de España sub 21, que se disputou hoxe en Tarragona coa participación de case 400 deportistas. A selección galega logrou sete medallas, mentres que a deportista do Hebe, Odhra Di-Martino, que viaxaba representando ao seu club, acadou un bronce máis.
O ouro foi para Xián Silva (-80, Mace Sport), que defendía o título do pasado ano. Xián Silva gañou na semifinal a Luis Mas (Cataluña) por 2-1 e logrou o primeiro posto no podio ao vencer na final a Víctor García (Madrid) por 9-4.
Ademais, houbo catro finais máis con representación galega. Pablo Fernández (-87, Mat´s) venceu na semifinal a Canarias (4-1), pero na final caeu fronte a Cataluña (9-5).
Anxo Fernández (+87, Arte e Movemento) eliminou en semifinais ao representante de Cataluña por 4-2, para perder no último e definitivo combate contra Alejandro Vilariño (Madrid) por 15-5.
Na categoría feminina, dúas pratas galegas. Sabela López (+73, Patiño), gaña a semifinal a Zuriñe Padilla (Euskadi) por un rotundo 10-2. Na final, derrota fronte a Mariona Leyes (Cataluña) por 3-1. Beatriz Parada (-49, Natural Sport), gañou a semifinal (5-4) e perdeu na final contra Madrid (10-2).
Bronces. Laura Dosil (-62, Natural Sport) perdeu a semifinal contra Jone Magdaleno (Euskadi) por 5-0. Sara Cortegoso, (-46, Mace Sport) foi derrotada na semifinal por Marta Oliver (Baleares) por 12-5. Odhra Di-Martino (-67, Hebe) logrou a medalla de bronce, ao caer nas semifinais contra Cecilia Castro (Madrid).
A Federación Galega despraza viaxou cun equipo de 24 deportistas (13 rapaces e 9 mulleres), que sufriu dúas baixas inesperadas por lesión. Caeron da convocatoria non último momento Laura Centoira e Sandra Senra, ambas por lesións. Ademais, varios clubs presentaron deportistas pola súa conta.
Clasificación clubs cadete. A organización deu a coñecer hoxe a clasificación de equipos da categoría cadete, que se celebrou durante a xornada de onte e rematou moi avanzada a noite. Galicia logrou a segunda posición na categoría feminina e tamén na xeral. Dúas medallas máis para o equipo galego!











