Gala benéfica en Ferrol en favor da Asociación Dios y Pan

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaFerrol
A-
A+

A Concellería de Benestar Social do Concello de Ferrol, que dirixe Rosa Martínez Beceiro, colabora nunha Gala Solidaria a favor da Asociación Dios y Pan, que terá lugar o vindeiro domingo, día 29 de marzo, no Teatro Jofre. O espectáculo dará comezo ás 19:00 horas e as entradas, a un prezo de 5 euros, poden adquirirse no despacho do teatro municipal.

Esta gala consistirá en diferentes concertos de música e tamén inclúe un espectáculo de maxia. Máis concretamente, a xornada correrá a cargo do alumnado de Primaria e Secundaria do colexio Tirso de Molina; a agrupación de rap “Space Trap”; o pianista e organista Carlos Fernández Bollo; e o mago Zonte. Toda a recadación se destinará íntegramente a Asociación Dios y Pan, entidade social que dende hai máis de 17 anos centra a súa actividade na protección ás familias e persoas con menos recursos mediante a entrega de alimentos, roupa ou a búsqueda de emprego.

24 de marzo de 2015 | 16:12 • Sen comentarios

Comentarios pechados.