Festival de arte e literatura dedicado á retranca en Lugo
A cidade de Lugo acollerá do 6 ao 12 de abril o primeiro festival de arte e literatura dedicado integramente a enxalzar a retranca, esa calidade dos galegos, difícil de definir, a medio camiño entre a flegma británica e mais a picardía española. Serán sete días de citas culturais de primeira magnitude, con presenza confirmada de artistas de todo tipo, dende escritores, humoristas, monologuistas, monicrequeiros e cineastas, ata performancers, bailaríns, músicos y escultores. Todas, ademais, de balde e con servizo de bus.
Organizado pola Concellería de Cultura de Lugo, pretende, malia ser un foro cultural moi serio, levar o humor ás rúas, homenaxeando unha particularidade que, en palabras de Antonio Fraguas, Forges, non é senón “un xeito de defensa verbal”: a retranca galega.
A sede central do I Festival de Arte y Literatura con Retranca será o Museo Interactivo da Historia de Lugo (MIHL), un edificio emblemático de Nieto-Sobejano, de arquitectura innovadora, cuxas salas expositivas, cilíndricas, están coroadas por un gran xardín arborado. Pero tamén haberá citas por todos os recantos, incluso fóra do programa; espontáneas.
Cabe mencionar, entre os convidados, ao director de cine José Luis Cuerda; os escritores Fernando Schwartz, Manel Loureiro, Jerónimo Tristante ou Pedro Feijoo; os humoristas Sergio Pazos, Carlos Blanco, Tony Antonio, Laureano Márquez e Róber Bodegas; os músicos Los Gangules, Impresenteibols ou José Córdoba “El Chivi”; o pintor Antón Sobral, o Mago Rafa, os de Titirimundi, os xornalistas Xosé Manuel Pereiro e Camilo Franco…
Todo Lugo se implicou na celebración do evento, algo nunca visto no mundo. Non só haberá tapas ad hoc, e servirase “Retrancus” “posiblemente a peor cervexa do mundo (ou Non)”, pero artesanal e realizada ex profeso para a ocasión.
A mascota do Festival da Retranca, “Retrancus”, é –tal vez coma cómpre- un simpático diaño no medio e medio dunha escaleira, seica subindo, se callar baixando