Ferrol impulsa novos obradoiros de teatro, cerámica e gravado
O concelleiro de Cultura do Concello de Ferrol, Manuel-Reyes García Hurtado, presentou esta mañá os novos obradoiros de Teatro, Cerámica e Gravado que se desenvolverán a partir do 7 de abril e se prolongarán ao longo de tres meses. As inscricións estarán a disposición dos interesados no Rexistro Xeral ou na páxina web municipal: www.ferrol.es e o prazo de inscrición estará aberto dende o vindeiro martes, día 10. Os interesados disporán de 10 días hábiles para entregar as solicitudes no Rexistro Xeral, onde serán recollidas por riguroso orde de chegada. Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Ferrol, aínda que poden realizar as inscricións todos as persoas interesadas. Unha vez que se publique a listaxe de admitidos, no taboleiro de anuncios da páxina web municipal, as persoas seleccionadas nos diferentes talleres deberán realizar o pago da matriculación no prazo de 5 días hábiles.
Así as cousas, o Obradoiro de Teatro establece un total de oito categorías: infantil (de 3 a 5 anos, de 6 a 9 anos, e de 10 a 13 anos); xuvenil (de 14 a 17 anos); adultos (de 18 a 60 anos); sénior (de 61 en adiante); e específico (enfocado a agrupacións concretas). Estas agrupacións deberán ter un mínimo de oito persoas cun máximo de quince; e o prezo de matriculación depende da categoría de participación. As clases se impartirán de luns a xoves, en horario de tarde, e dependendo do grupo de participación na capela do Centro Cultural Torrente Ballester (CTB).
Cerámica e gravado
En canto ao taller de Cerámica, se desenvolverá os luns, martes e xoves, en horario de 16:30 a 18:30 horas e de 18:30 a 20:30 horas; e os sábados de 9:30 a 11:30 horas e de 11:30 a 13:30 horas. Esta actividade establecerá un máximo de catro grupos, formados por un máximo de 20 persoas, e terá lugar na aula de cerámica do Cuartel de Sánchez Aguilera. O horario poderá elexirse entre os luns e xoves ou os martes e sábados para o correcto secado das pezas cerámicas; e será dun máximo de catro horas semanais. O prezo de matriculación é de 20 euros e está dirixido a persoas maiores de idade.
E por último, o obradoiro de Gravado terá lugar no Centro Cultural Torrente Ballester e se desenvolverá os martes e xoves en horario de 17:00 a 20:00 horas. Se establecerán dous grupos na semana, que poderán contar cun máximo de 15 persoas. O prezo de matriculación é de 20 euros e está dirixido a persoas maiores de idade. O alumnado coñecerá, entre outras, as técnicas decorativas con engobes e esmaltes; o proceso de secado, de cocción; ou os sistemas de reproducción de orixinais.











