Ferrol convértese na capital galega do fútbol feminino

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesFerrol
A-
A+

A concelleira de Deportes, Susana Martínez Galdós, presentou esta mañá o “I Torneo de fútbol feminino Concello de Ferrol”, que se desputará os vindeiros días 1 e 2 de abril na cidade. A edil ferrolá estivo acompañada por Manuel Mesa, delegado local da Federación Galega de Fútbol; e o membro da Federación Galega de Fútbol (FGF), Pablo Prieto. Estas xornadas incluirán unha charla coloquio con profesionais así como os diferentes partidos que terán lugar no campo de fútbol de A Gándara.

Martínez Galdós destacou que durante eses días “Ferrol se convertirá na capital galega do fútbol feminino”. A charla coloquio contará coa presenza de poñentes cunha longa traxectoria deportiva, especialmente no fútbol feminino, e se celebrará o mércores 1 de abril ás 19:30 horas na delegación ferrolá da FGF. Entre os relatores estarán profesionais como Manuel Mesa, Pablo Prieto, Aranzazu Rois, Pili Nera, Juan Vázquez, Ángela Villar e Javier Aneiros.

En cantos aos partidos, se desputarán o día 2 e darán comezo ás 16:30 horas no campo de fútbol de A Gándara co encontro entre P.M Friol e o Victoria C.F. Estes equipos de fútbol feminino son os máis potentes da comunidade galega e incluso, representativos a nivel nacional. Posteriormente, ás 17:30 horas xogarase o partido entre o perdedor do encontro anterior e a selección de Ferrol, para dar comezo sobre as 18:30 horas o partido entre o vencedor e a selección de Ferrol. A entrada para ver estes partidos será gratuíta

6 de marzo de 2015 | 19:35 • Sen comentarios

Comentarios pechados.