Feijóo recorda a Francisco Cacharro como un político de grandes éxitos democráticos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLugo
A-
A+
Europa Press

O presidente da Xunta de Galicia e do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, recordou ao expresidente da Deputación de Lugo Francisco Cacharro Pardo falecido, como un político “que gañaba eleccións” e de “grandes éxitos democráticos”, algo que considerou “fundamental” para distinguir uns doutros.

Así o sinalou aos medios o mandatario galego tras visitar as obras de novo hospital de Ourense acompañado pola conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera.

“É evidente que é un político que gañaba eleccións e o facía de forma continuada”, resaltou. Ademais, Feijóo recordou que gañou durante 24 anos na Deputación Provincial de Lugo e tivo ao PP “como o partido máis votado e con maioría absoluta, e en consecuencia, é un político que tivo grandes éxitos democráticos”. Nese sentido, engadiu que é “o fundamental” para mirar aos políticos.

“Hainos que gañan eleccións e ten grandes éxitos democráticos e os hai que non os teñen”, abundou. En segundo lugar, aludiu a decisións ben enfocadas polo expresidente falecido para a modernización de Lugo e destacou a súa proposta de situar no campus universitario lucense as disciplinas agroalimentarias.

Tanto en docencia coma en investigación, segundo resaltou Feijóo, esa proposta “situou a Lugo entre as máis importantes de España” no ámbito agrario.

En terceiro lugar, para o presidente galego Cacharro Pardo foi “un servidor público” que “intentou facer as cousas como considerou máis oportuno” e que a xente “o validou con votos e apoio na vida política”.

Tras a visita ás obras hospitalarias, o presidente da Xunta desprazouse a Lugo para asistir ao funeral do exdirixente do PP lucense.

9 de marzo de 2015 | 18:36 • Sen comentarios

Comentarios pechados.