publicidade hoxe

Extinguidos os incendios forestais de Ordes, Rodeiro e Covelo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCoveloOrdesRodeiroSucesos
A-
A+

A Consellería do Medio Rural e do Mar informa da extinción do incendio forestal rexistrado no municipio coruñés de Ordes, na parroquia de Parada. O lume iniciouse ás 14:17 horas e quedou extinguido ás 19:24 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 42 hectáreas, das cales 32 son de monte raso e 10 de arborado. Nos traballos de extinción deste incendio participaron 3 axentes forestais, 8 brigadas, 4 motobombas e 4 helicópteros.

Rodeiro

Tamén se informa da extinción dun incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Rodeiro, parroquia de Riobó. Este lume iniciouse ás 18:08 horas de onte e quedou extinguido ás 02:05 de hoxe luns. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio sitúase arredor das 20 hectáreas. Na extinción deste lume traballaron 4 axentes forestais, 10 brigadas, 9 motobombas e 4 helicópteros.

Covelo

O último dos incendios extinguidos foi o rexistrado no concello pontevedrés do Covelo, parroquia de Piñeiro. Este lume iniciouse ás 20:11 horas de onte e quedou extinguido ás 05:22 horas de hoxe luns. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada por este incendio sitúase arredor das 40 hectáreas, das cales 15 corresponden a terreo arborado e as 25 restantes a raso. Na extinción deste lume traballaron 1 técnico, 2 axentes forestais, 6 brigadas, 2 motobombas e 1 pá.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

23 de marzo de 2015 | 11:10 • Sen comentarios

Comentarios pechados.