publicidade hoxe

Exposicións, conferencias e procesións na Semana Santa do Carballiño

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO CarballiñoOurense
A-
A+
Presentación da Semana Santa do Carballiño

Presentación da Semana Santa do Carballiño

A cofradia da Beira Cruz presentou a Semana Santa carballiñesa en Ourense, coa presenza do alcalde da vila, o bispo ourensano e o presidente da Deputación. O encargado de presentar a programación desta semana santa foi o confrade maior Rafeal Melero, quen destacou as novidades que este ano engadiron ao programa como é a exposición “Don Evaristo:Siempre connosco”, que se situará na capela do santo do templo da Veracruz; o ciclo de conferencias “Ante a Semana santa: de san Francisco a santa Teresa”; e as dúas novas imaxes adquiridas pola cofradia para enriquecer esta Semana Santa: Unha María Magdalena e un Cristo de la Sentencia, que procesionarán por primeira vez este ano.

Durante a presentación o Bispo de Ourense recalcou a calidade da Semana Santa Carballiñesa, referencia da semana santa ourensana, así como o traballo e sacrificio dos confrades para crear e manter durante estes 8 anos unha tradición como esta.

Ademais dos actos antes referidos, a Semana Santa carballiñesa comezará o 15 de marzo, coa solemne bendición e santa misa en honor das novas imaxes, en e templo da Veracruz. O 27 de marzo terá lugar a procesión do venres de Dolores, para continuar o 29 de marzo coa celebración do domingo de Ramos.

Xa no mes de abril, o 1, celebrarase o viacurcis dos mozos, a partir das 20:30 horas. O 2 de abril celébrase o Xoves Santo, que leva consigo varias citas relixiosas como a celebración penitencial ás 10:00 na igrexa do centro, a cea do señor ás 16.30 na capela do asilo de anciáns, acto que se repetirá na Veracruz, durante a que se realizará o lavatorio de pés e o traslado do santo ao monumento, onde permanecerá para a adoración solemne dos fieis.

Ese mesmo día ás 23:30 terá lugar a procesión penitencial da Sentenza dende a capela dos irmáns prieto á Veracruz. O 3 de abril, celebración do venres santo, da Paixón do Señor, na capela do asilo ás 16:30, e ás 18:00 na Veracruz. Ás 21:00 procesión do santo enterro ou “Dos Caladiños”.

O 4 de abril, sábado santo, solemne liturxia da vixilia pascual, tanto na capela de dos irmáns prieto como no propio templo da Veracruz.

Os actos finalizarán o 5 de abril, domingo de pascua, coa celebración da resurección do señor.

6 de marzo de 2015 | 17:40 • Sen comentarios

Comentarios pechados.