Exposición na cofraría da Vera Cruz que homenaxea a don Evaristo Vaamonde

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaO Carballiño
A-
A+

A figura do que fora principal impulsor do templo da Veracruz do Carballiño, Don Evaristo Vaamonde, párroco desta vila durante varias décadas, está a recibir o xusto homenaxe grazas á exposición que a confraría da Vera Cruz montou na capela do santo do mesmo templo.
Nesta exposición pódense observar os xornais da década dos 50 e 60 que anunciaban o progreso da igrexa, así como o falecemento deste párroco. Tamén as roupas eclesiásticas que Don Evaristo adoitaba vestir nas distintas celebracións relixiosas, así como unha mascase do seu rostro, que fai que a súa imaxe regrese á memoria de todos os carballiñeses. Tamén se poden ver reliquias e obxectos que tiveron certa relación co párroco carballiñés.

A exposición está aberta ao público dende o pasado sábado, en horario de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:30, limitando as vistas durante a celebración de actos litúrxicos. A entrada é totalmente gratuíta.

Así mesmo, e tamén dentro da programación elaborada pola confraría da Vera Cruz, continúa o ciclo de conferencias baixo o título xenérico de “Ante as Semana Santa: de San Francisco a Santa Teresa”, que se imparte na capela do asilo de anciáns do Carballiño. Inaugurou este ciclo o catedrático José Manuel García Iglesias. A seguinte conferencia será o 16 de marzo, sobre Francisco de Asís e o camiño de Santiago, impartida por Francisco Castro, reitor gardián do convento franciscano de Santiago e reitor do museo de Terra Santa.

Nesta mesma semana, o día 18, Jorge Juan Pérez Gallego, doutor en teoloxía espiritual, impartirá a conferencia Os misticismos: Santa Teresa e a vida Consagrada. Tamén no asilo de anciáns ás 20:00 horas.

O ciclo de conferencias finalizará os días 20 e 22 de marzo, coas charlas impartidas por Felipe Senén López, Arqueólogo e Museólogo, sobre Unha reliquia, un párroco e a obra da Veracruz, e por José Ramòn Hernández, doutor en historia da igrexa e párroco de santa maría de Amarante, sobre os cultos marianos na diocese de Ourense.

16 de marzo de 2015 | 20:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.