Esgotadas as entradas para Marcador e Tribuna para o encontro Celta-Barcelona

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaVigo
A-
A+

O partido ante o FC Barcelona do próximo domingo 5 de abril (21:00h) promete espectáculo, emoción e un gran ambiente celtista. As entradas para as bancadas de Tribuna e Marcador xa se esgotaron e só quedan dispoñibles billetes para a bancada de Gol.

Tanto este encontro como o Celta-Real Madrid (horario sen confirmar) foron declarados ‘Días do Club’, polo que os abonados de tempada que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo e os anuais que o fixeron pasado o 6 de xaneiro deberán retirar un suplemento para acceder ao estadio.

O prezo dos suplementos mantense respecto de anteriores campañas: 20€ para ADULTOS e 10€ para o resto de categorías, coa excepción dos menores de 8 anos que tan só deberán abonar 5€ para retirar o seu suplemento.

As entradas e suplementos para ambos os encontros poden adquirirse na oficina de abonados de Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta

26 de marzo de 2015 | 20:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.