Equiocio regresa ao recinto feiral de Punta Arnela do 2 ao 5 de abril

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaCalendarioFerrol
A-
A+
Presentación Equiocio

Presentación Equiocio

O Salón de Recepcións da Casa Consistorial de Ferrol acolleu hoxe a presentación do XVIII Salón do Cabalo Cidade de Ferrol – Equiocio 2015-, que se desenvolverá do 2 ao 5 de abril no Recinto Feiral de Punta Arnela. O alcalde de Ferrol, Jose Manuel Rey Varela, presidiu o acto, que contou coa participación do presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo Pouso; o presidente da Fundación Gadesport, Ricardo Pérez Lema; a directora de Equiocio, Ana Pérez Lago; e de representantes dalgúns dos patrocinadores privados do evento: Gadisa, Coca Cola e ABanca.

Na súa intervención, Rey Varela valorou os numerosos encantos naturais, culturais, gastronómicos ou patrimoniais de Ferrol. Neste senso, o primeiro edil da cidade destacou os grandes eventos que acollerá os vindeiros días o municipio ferrolán “que nos convertirán en referente galego no ámbito da tradición coa Semana Santa, ademais do epicentro en materia de ocio e entretemento con Equiocio”. Unha oferta que se une á Ruta da Construción Naval, as visitas guiadas ao Pazo de Capitanía ou os percorridos teatralizados polo Castelo de San Felipe, que se retoman durante estes días de festexos.

Así mesmo, o rexedor municipal apuntou que este salón ecuestre “cumpre a súa maioría de idade consolidándose como unha ventá aberta ao mundo e que constitúe un evento de gran repercusión para a imaxe de Ferrol no conxunto de Galicia e España”. E por último, o alcalde agradeceu tanto a implicación da Deputación da Coruña como da iniciativa privada, destacando o gran traballo do equipo organizador deste evento ecuestre.

31 de marzo de 2015 | 13:09 • Sen comentarios

Comentarios pechados.