Entradas xa á venda para o encontro Celta-Athletic

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Celta recibe este sábado ás 22 h ao Athletic Club de Bilbao, un partido para o que as entradas manteñen os prezos habituais dende a pasada tempada. Os billetes en categoría ADULTO teñen un custo de 50 euros para a bancada de Tribuna e de 25 para Gol e Marcador, que no caso dos afeccionados sub-25 se reduce a tan só 15 euros para estas dúas últimas bancadas.

O club anima todos os subscritores e afeccionados a acudir ao estadio para apoiar o equipo ante un rival sempre complicado como o Athletic Club. O pulo da bancada volverá ser clave para obter un bo resultado na casa.

Continúa a venda de entradas para os partidos ante FC Barcelona e Real Madrid

A oficina de subscritores continúa despachando entradas para os partidos ante FC Barcelona (domingo 5 de abril, 21 h) e Real Madrid (data pendente de confirmación). Estes dous encontros foron designados como ‘Día do Club’, polo que os subscritores de tempada que tramitaron o seu carné despois do 17 de xullo e os anuais que o fixeron pasado o 6 de xaneiro deberán retirar un suplemento para acceder ao estadio. O prezo dos suplementos mantense respecto a anteriores campañas: 20 € para ADULTOS e 10 € para o resto de categorías, coa excepción dos menores de 8 anos que tan só deberán aboar 5 € para retirar o seu suplemento.

As entradas poden adquirirse na oficina de subscritores de Balaídos de luns a venres en horario de 10 a 14 e de 17 a 20 horas ou en calquera momento a través da plataforma online www.celtavigo.org/taquillaCelta

10 de marzo de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.