Entradas a 9 euros para Gigantes 2015

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Rio Natura Monbus Obradoiro pode presumir nunha ocasión máis de ter á mellor afección da Liga Endesa, neste caso, tras ser galardoada co premio Mellor Afección da histórica revista Gigantes del Basket.

Os afeccionados obradoiristas resultaron gañadores mediante votación popular por un 37.5% dos votos, competindo coas outras dezasete afeccións da liga. Un premio que se suma así ao de Mellor Afección ACB Bifrutas conseguido tamén con autoridade na campaña 2012/13.

Por iso o club quere homenaxear os afeccionados máis fieis os subscritores, ante o histórico rival do club, o UCAM Murcia que visitará Sar este sábado (20.00 horas). Nel, todos os subscritores poderán comprar ata catro entradas en Tribunas 2 a 9 euros cada unha para invitar familiares e amigos a vivir a Caldeira de Sar dende dentro ante os murcianos, que marcaron a historia obradoirista no famoso playoff da tempada 1989/90.

A promoción poderase gozar tanto en oficinas, coma mediante a páxina web do club (www.obradoirocab.com), coma en despacho o mesmo día do partido dende unha hora e media antes do comezo.

Ademais, os subscritores tamén teñen Prezos Reducidos para comprar entradas noutros sectores do pavillón: 15 euros en Fondos e 19 euros en Tribunas 1. Estes mesmos Prezos Reducidos, ademais do de entradas a 15 euros en Tribunas 2, teranos os colectivos de menores de 18, estudantes menores de 25, maiores de 65, desempregados ou federados do ámbito do baloncesto.

Os prezos xerais son de 19 euros en Tribunas 2 e Fondos, 24 euros en Tribunas 1 e 29 euros en Tribunas Retráctiles.

9 de marzo de 2015 | 18:07 • Sen comentarios

Comentarios pechados.