Entra en funcionamento a nova rede de abastecemento en Xoane que dará servizo a máis de 300 veciños

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCarballo
A-
A+

Nos últimos días, e dende primeiros do mes de marzo, vén de entrar en funcionamento a nova rede de abastecemento da parroquia de Xoane, que dará servizo a uns 325 veciños e veciñas de Xoane e Xoane da Estrada, así como á Escola de Educación Infantil de Goiáns, e que permitirá que os interesados e interesadas se conecten á rede municipal. Estes traballos de mellora na rede realizáronse no seu día con cargo ao Plan Provincial de Cooperación ás Obras e Servizos de carácter municipal (POS) de 2013 da Deputación da Coruña e a empresa adxudicataria encargada de emprender os traballos foi Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia, SAU por un importe total de 91.925,55 euros, IVE incluído, sobre un prezo de licitación de 107.355,79 euros. A actuación designouse como “Mellora de abastecemento en Xoane (Parroquia de Goians) e Carracedo (Parroquia de Ardaña)” e contou cun prazo de execución de cinco meses. O POS de 2013 tamén incluíu outra actuación de mellora do saneamento en Castelo, parroquia de Vilela, por un importe de 112.827,65 euros. O importe conxunto das melloras incluídas no POS de 2013, que se completou cun proxecto para o “Rebacheo e mellora da rodadura en varios camiños das parroquias de Razo, Sofán, Berdillo, Lema, Aldemunde, Goiáns e Carballo”, acadou os 289.211,2 euros.

12 de marzo de 2015 | 18:20 • Sen comentarios

Comentarios pechados.