publicidade hoxe

Educación construirá no CPI Castro-Baxoi un novo salón de actos

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMiño
A-
A+

O alcalde de Miño, Jesús Veiga Sabín, xunto co concelleiro de Educación, Antonio Bernardo e a concelleira de Facenda, Eva Vilariño, mantiveron unha reunión esta mañá no CPI Castro-Baxoi co Xefe Territorial da Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Indalencio Cabana Leira e coa dirección do centro escolar.

 O encontro tivo como obxecto comunicar ao alcalde e a dirección do centro a aprobación dunha das demandas do concello: a construcción dun novo Salón de actos.

Na visita ao CPI, o alcalde supervisou ,ademais, o novo parque infantil co que, dende esta semana, conta o colexio; unha infraestructura demandada polo centro e comprometida polo goberno municipal que dirixe Jesús Veiga  e que supuxo un investimento de preto de 7.000 euros.

9 de marzo de 2015 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.