Dominio dos canoistas do Náutico Rodeira no Campionato de España
Este sábado disputouse o Campionato de España de Inverno sobre a distancia de 5000 m na cidade de Sevilla e a esta proba o Club Nautico desprazou aos 7 deportistas que obtiveron a súa clasificación.
Ao campionato asistiron máis de 1200 participantes entre todas as categorías e ao redor de 100 clubs de todo o territorio nacional.
De toda a participación do Club destacou o equipo de canoistas cadetes que deslumbrou sobre todos os demais, xa que dun total de 70 participantes clasificados na súa categoría, os 5 padexeiros clasificáronse entre os 18 primeiros conseguindo os seguintes postos:
David Barreiro ……………………………2º posición
Pablo Graña……………………………….5º posición
Felipe Martín………………………………13º posición
Santiago Parcero………………………..16º posición
Javier Pérez………………………………..18º posición
Con respecto á clasificación de clubs, o Náutico Rodeira logrou consolidarse entre os 10 mellores de España sendo o 4º galego.











