publicidade hoxe

Dobre cita co Santiago Futsal

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

Santiago Futsal enfróntase, esta semana, a dúas das citas máis importantes da tempada para o equipo. A primeira, este mércores nas Pontes (21h). A final da Copa Xunta é o gran obxectivo do club branco desde que asinou a permanencia na Primeira División na xornada 24ª. Os de Santi Valladares saben da importancia que para o club ten alzarse co título autonómico, sétimo nas vitrinas do club compostelán, e coroarse como o ‘Rei de Copas’ galego.

A segunda gran cita terá lugar o sábado, cando os de Santiago reciban ao primeiro clasificado da liga, FC Barcelona. O líder chega ao Multiusos Fontes do Sar na que será unha gran festa do fútbol sala, en plena festividade de Semana Santa e cunha entrada que oscilará as 4000 persoas. O partidazo, que será retransmitido polas cámaras de Teleporte en directo, terá lugar o sábado ás 13h.

O club lembra que seguen á venda as entradas para o encontro do sábado ante FC Barcelona, que terán un prezo de 15€ para adultos non abonados, 5€ para idades de 13 a 17 anos e 2€ menores de 13 anos. O prezo para abonados será de 5€ e os socios menores de 17 anos accederán de maneira gratuíta.

Plan de traballo semanal

Luns 30 de Marzo
16.45h- Multiusos- Táctico

Martes 31 de Marzo
9.30h- Multiusos- Táctico

Mércores 1 de Abril
21h- As Pontes- Final Copa Xunta
Santiago Futsal vs O Parrulo FS

Xoves 2 de Abril
17h- Multiusos- Táctico

Venres 3 de Abril
12.30h- Multiusos- Táctico

Sábado 4 de Abril
13h- Multiusos- Encontro da 27ª Xornada de Liga
Santiago Futsal vs FC Barcelona

30 de marzo de 2015 | 17:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.