publicidade hoxe

Doa Ocampo realiza unha nova intervención mural na piscina de Sober

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSober
A-
A+
Mural na piscina de Sober

Mural na piscina de Sober

O Goberno local do Concello de Sober vén de encargarlle á artista Doa Ocampo unha nova intervención mural na piscina municipal para acondicionar o edificio antes da tempada de baños. A artista local foi quen anteriormente levou a cabo un mural na Praza do Toural.

Doa Ocampo explica que o traballo forma parte dun proxecto máis amplo chamado Reforestando. No caso concreto da piscina a temática vai enfocada á época da primavera e do verán e trata de evocar o tempo dos paseos campestres con moras e amorodos silvestres característicos desta zona da Ribeira Sacra. “É un xeito de valorar as capacidades do noso entorno natural”, explica.

Doa Ocampo destaca que o proxecto Reforestando “é o xerundio de renacer visualmente, coa única ambición de renacer espazos. Renacer espazos é transformar espazos, e reforestando é integración mediante transformación. É busca de vida a través da adaptación. Reforestando transforma á vida espazos esquecidos visualmente, contrarrestando algún de entre tantos outros desaxustes visuais dos que formamos parte. É renacemento con conciencia do circundante ao que se pertence no instante presente. É avance, constante, de renacer e renacer”, detalla.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, valora o traballo de Doa Ocampo e asegura que a piscina presentará agora unha nova imaxe máis atractiva e moderna para o desfrute de todos os usuarios e usuarias.

12 de marzo de 2015 | 12:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.