Deteñen un veciño de Lalín como suposto autor dun delito contra a saúde pública
A Garda Civil detivo a I.F.L., de 31 anos de idade e veciño de Lalín, como suposto autor dun delito contra a saúde pública, venda de estupefacientes. As investigacións levadas a cabo polo Posto Principal da Garda Civil de Lalín, iniciáranse en setembro do pasado ano ao ter coñecemento dun suposto punto de venda de estupefacientes ao amiudar nesta localidade.
Estas investigacións deron resultado positivo onte, día nove, ao ser detido o suposto vendedor destas. Solicitada a correspondente autorización xudicial realízase un rexistro no seu domicilio onde se incautou unha báscula de precisión bolsas para o envasado das substancias, dúas picadoras de marihuana e pequenas cantidades de cocaína, hachix e cogomelos alucinóxenos.
O detido, ao que lle constan antecedentes policiais, foi posto a disposición do Xulgado de Instrución número UN de Lalín, quedando en liberdade con cargos. A Garda Civil considera erradicado o devandito punto de venda de droga a pequena escala.