publicidade hoxe

Deteñen a dous veciños de Poio como supostos autores dun delito contra a saúde pública

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaPoioSucesos
A-
A+

A Garda Civil detivo a VM.G.F., de 29 anos de idade e ao seu cónxuxe MI.C.G., de 40, veciños de Poio, como supostos autores dun delito contra a saúde pública, venda e cultivo de substancias estupefacientes. A raíz da incautación dun invernadoiro dedicado ao cultivo de plantas de marihuana o pasado día 11 do actual, o cal se encontraba no interior dun trasteiro dunha vivenda de Poio e no que, ademais de posuír un sofisticado sistema de rego, iluminación e calefacción, había máis de 90 plantas de marihuana en distintas fases de crecemento, compoñentes do Posto da Garda Civil de Pontevedra, continuaron coas investigacións para o total esclarecemento deste ilícito.

Estas deron resultado positivo no día de onte cando se logrou a localización e detención dos supostos autores. Os detidos, que carecen de antecedentes policiais, serán postos a disposición do Xulgado de Instrución número TRES de Pontevedra.

18 de marzo de 2015 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.