CXG-Compostela presenta a súa web oficial de cara as vindeiras eleccións municipais

Presentación da web
Xosé Antón López, candidato a alcaldía de Compostela por Compromiso por Galicia, presentou oficialmente esta mañá a web oficial de cara as vindeiras eleccións municipais http://xa2015.gal/
O candidato galeguista destacou o valor desta web, que será “unha plafaforma para enriquecer a comunicación coa cidadanía de Compostela”. A cidadanía poderá estar informada de todas aquelas propostas de Compromiso por Galicia que considera necesarias para a cidade e terá información sobre o proxecto político que este partido vai presentar de cara ás vindeiras eleccións municipais.
Xose Antón López presentou a web como unha ferramenta para que o cidadán poida interactuar, e así mesmo, calquera persoa poderá presentar propostas para engadir no programa electoral, que serán avaliadas polo equipo de Compromiso.